1/Como se meteu na política? 

No ano 1975 dedicabame a dar clases de matematicas,fisica entre outras asignaturas.No principio do ano1976 sendo Fraga ministro do goberno convocou elección municipais en  España.Naquel momento eu non tiña nada que ver ca política,un grupo de amigos animoume a presentarme debido  a que o actual alcalde non era unha persoa moi popular,xa que habia sido nomeado pola dictadura.Foi  a elección mais dificil da miña vida xa que os actuais concelleiros, como e loxico apoiaban o alcalde.Conseguin convenceles de que o pobo queria un cambio e dos oito concelleiros que votaban ganei 5-3 e desa forma convertime no alcalde da Cañiza.

2/Cantos anos tiña cando se presentou as primeiras eleccións?

Tiña 30 anos o día das eleccións que foi o25 de Xaneiro de1976.

3/Porque partido se presentou?

Daquela non habia portidos políticos.En1979 presenteime por U.C.D. nestas eleccións xa participaban os veciños e ganei 12escaños a 1.Estiven neste partido ata que desapareceu en 1983 no que me presentei polo partido popular.

4/Cantos partidos hai na oposición?

Hai un partido so partido o socialista.

 

 

 

5/Cales foron os resultados o longo da sua vida?

Gañei sempre por maioria absoluta,en 1979-1983-1987-1991gañei 12 escaños a1,en1995 gañei 9 escaños a 4,en 1999 gañei 12 escaños a 3,en 2003 gañei 9 escaños a 4 e no ano 2007 gañei 8 escaños a 5.

6/Teño entendido que foi presidente da deputación?

Si,fun presidente da deputación durante duas lexislaturas a primeira vez cando foi para a xunta o Señor Cuiña Crespo que foi elixido no ano 1990-1991,despois fun relexido novamente no ano 1991 o ano 1995 apartir desa data deixei de ser presidente da deputación.

7/Durante canto tempo foi senador?

Fun elixido senador nas seguintes lexislaturas:

5ªque abarcaba o periodo do ano 1993-1996

6ªdo ano 1996-2000

7ªdo ano 2000-2004

8ªdo ano2004-2008

Como dato curioso podo dicir que o presidente da deputación de Ourense e mais eu estivemos o mesmo tempo sendo senador,alcalde e presidente da deputación.

8/Como levabas o de ser senador e alcalde?

O ser senador obrigabame a desplazarme a Madrid cada quince días durante dous ou tres días consecutivos o pleno,tamen tiña que asistir noutras datas as comisións correspondentes,tendo en conta que sempre gañei por maioria absoluta moi folgada non foi para min ningun incomvinte xa que na miña estancia en Madrid delegaba no meu teniente alcalde.

9/Vaste presentar as prosimas eleccións?

Non,nas ultimas eleccións enviei unha carta os meus veciños da Cañiza explicandolle que era a ultima vez que me presentaba.Polo tanto quero cumplir o meu compromiso.Cando remate esta lexislatura levarei o frente do concello da Cañiza 35 anos que creo que xa esta ben, xa que son un dos alcaldes mais veteranos da Cañiza e de toda España.


 Paula

Make a Free Website with Yola.